Página web

Na nosa páxina web poderás atopar todo o relacionado coa nosa Asociación: Desde integrantes da mesma, asi como datas de constitución, ata notizas, enlaces e temas relacionados sobre todo coa prostitución e as súas consecuencias como unha maneira máis de Violencia de Xénero.

A través dela poderás, se queres, deixarnos comentarios ou dúbidas que con moito gusto intentaremos responder.

 

Esperamos que che guste:

 

                 http://www.actiweb.es/asociacionfaraxa/

 

 

 

Atentamente:

 

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución.

PRESENTACIÓN DE FARAXA

A "Asociación Faraxa", nace en Vigo, o 8 de Maio do 2009 da man de un grupo interdisciplinar de profesionais.

Avaladas pola nosa traxectoria curricular, así como profesional na Asocación Alecrín e convencidas da necesidade de dar cobertura asistencial ós colectivos ,en situación ou risco, de exclusión social, decidimos, coa creación desta nova asociación, dar continuidade á labor que se viña facendo desde fai máis de 25 anos desde a mesma.

 

Con todo isto, gustaríanos presentarvos á nosa pequena creación: “Faraxa” e daros a coñecer e acercarvos un pouco máis á realidade que miles de persoas prostituídas viven cada día, así como animarvos a unirvos á nosa loita.

 

 

Faraxa é unha modificación da palabra Farasha, bolboreta en árabe.

Bolboreta, significa as alas da libertade para as persoas prostituídas, gracias as cales poderán escaparse da esclavitude sexual á que se ven sometidas e non mirar hacia atrás.

 

Visita a nosa páxina web:

 

          http://www.actiweb.es/asociacionfaraxa/

 

Albergado en:blogspot.es

Noticias: Noticias

Contador gratis contadorplus.com